top of page

o edificio parte dun proxecto de agosto de 1928 dos arquitectos juan de zavala lafora, convidado por le corbusier en la sarraz para a fundación do cirpac, e xosé yarnoz larrosa, colaborador de modesto lópez otero no proxecto da exposición universal de madrid e autor, xunto con menéndez pidal, da ampliación do banco de españa en 1927, ademais de diversas sedes provinciais da institución. en 1944 ingresou na academia de belas artes de san fernando.

o novo proxecto de rehabilitación, redactado en 2010 por alfredo freixedo e pedro diéguez, adapta o inmoble, protexido patrimonialmente, a novos usos. orixinalmente as plantas baixa e soto destinábanse a labores administrativos e as superiores a vivendas. agora, todas salvo a baixa acollen as oficinas da xerencia territorial do catastro, con acceso independente, mentres a planta baixa, vinculada á entrada principal, funciona como sala multiusos do concello de ourense.


ourense
2015

banco españa

segipsa
bottom of page