top of page

o espazo percíbese con gran amplitude, os límites non agobian e transmiten unha sensación de liberación.

esta sensación está máis acentuada cara ao límite da parcela, cun eixo norte-sur máis aberto que coincide ca vaguada da topografía.

a percepción é que o espazo arroupa, mais sen provocar en ningún momento opresión.

a intención é que o límite que se cree non distorsione estas sensacións.

a proposta busca que o límite non evoque un peche.

a visión dende a parte central do campus será de lixeireza.

a peza elévase para que o espazo libre poida seguir fluíndo ata un patio interior con árbores que remite á natureza.

dende a rúa, en planta baixa e coincidindo co acceso ao edificio, ábrese un oco que enmarca a vista do campus.

o edificio axústase ao terreo segundo este llo demanda.

o núcleo de comunicacións articula os tres volumes que acollen funcións específicas do programa:

sede corporativa / laboratorios específicos / nave de hidráulica

ourense
2017

campus da auga

universidade de vigo
bottom of page