o proxecto procura evocar a memoria a partir das claves da preexistencia.
…é evidente o edificio dende o seu baleiro.
…é evidente o edificio dende o único fito que permanece: a cheminea que toda unha xeración lembramos nese lugar.
…é evidente o edificio dende os perpiaños desmontados.
dous elementos definían o volume: a cheminea e unha torre de planta cadrada de 10×10 m, coroada por unha cuberta a oito augas, sobranceira na cidade, cunha disposición rigorosa dos ocos: dous por fachada nas plantas baixas e un central con balcón na planta alta, acentuando a altura e a presenza da cuberta. o resto da volumetría completábase por agregación de prismas e cubertas, que se engadían segundo o crecemento e as necesidades de espazo: unha lóxica moi propia da nosa terra.
ourense
2016
la molinera
concello de ourense


.png)














