a intervención na praza de abastos nº 1 de ourense supón a rehabilitación integral dun edificio de forte presenza urbana, preservando a súa identidade arquitectónica e dotándoo de novas capacidades funcionais vencelladas ao comercio e á vida cidadá. poténciase a fábrica de pedra, os piares de fundición e a secuencia de ocos, integrándoos cunha arquitectura nova e recoñecible mediante materiais contemporáneos que dialogan co preexistente. o inmoble organízase en catro niveis, cunha planta baixo cuberta aberta á cidade a través dunha terraza. recupérase a relación interior-exterior liberando ocos, accesos e fachadas, reforzando a transparencia e conexión urbana. incorpórase unha dobre ventá ventilada como colchón térmico pasivo, que controla o efecto invernadoiro e mellora confort e eficiencia enerxética. o resultado é un equipamento público contemporáneo que preserva a memoria física e social do edificio e o proxecta como infraestrutura activa, aberta e sostible.
ourense
2024
praza de abastos
concello de ourense


.png)























