top of page

o volume actual é o resultante de múltiples engadidos en diferentes épocas da historia. a xénese é facilmente apreciable observando a planta do edificio, e mesmo as distintas fábricas que presentan as fábricas de pedra. o programa da vivenda inseríase sen divisións interiores, con grandes estancias que conforman os poderosos muros de pedra. semella que a vivenda foi medrando coa necesidade de novas estancias interiores. unha gran cuberta única pecha todo o volume. esta vontade de crecemento orgánico sen fin vese claramente na fachada suroeste, onde os muros se atopan sen rematar definitivamente e a formación da cuberta, nese punto, parece indicar a súa futura continuidade.

coles - ourense
2021

rectoral de gustei

bottom of page