top of page

tras a exclaustración de 1835 e a posterior recuperación impulsada polo patrimonio histórico, o mosteiro de san estevo iniciou unha nova etapa marcada pola tensión entre memoria e uso. dende 1986 aplicáronse curas de urxencia, pero o verdadeiro cambio produciuse cando, tras abandonar a idea inicial de convertelo en arquivo da xunta de galicia, se decidiu adaptalo a hotel de catro estrelas.

en 1998, a dirección xeral de turismo convocou concurso e encomendou a rehabilitación a javier suances e alfredo freixedo

e en 2001 encargou a freixedo e pedro diéguez a adecuación do inmoble como parador. o desafío principal estivo en casar a rixidez formal e a enorme carga histórica e cultural do monumento cun uso tan esixente como o hoteleiro. a intervención buscou un equilibrio de coherencia conceptual, dando prioridade a respectar a alma do edificio: os usos poden transformarse co tempo, mais o monumento debe permanecer fiel á súa esencia.

luintra - ourense
2008

san estevo de ribas de sil

xunta de galicia
bottom of page