top of page

xa aparece documentada no século ix, inicialmente baixo a regra de san froitoso e, dende o x, coa de san bieito. entre os séculos x e xiv viviu o seu maior esplendor, con numerosos privilexios reais. a centralización monástica impulsada polos reis católicos fixo que en 1517, por bula de león x, se convertese en priorado anexo a san estevo.

o mosteiro, adosado á igrexa, seguía o plan beneditino de dependencias arredor do claustro, modelo que marcaría a tradición monástica galega. hoxe conserva só dúas ás e parte dunha terceira, situadas ao norte do templo. destaca a portada románica, de gran riqueza decorativa e influída pola porta sur da catedral ourensá, reforzada interiormente por un arco escarzano.

tras a anexión a san estevo reformáronse as dependencias, mentres a igrexa apenas sufriu alteracións. no xviii houbo unha ampla transformación e, xa en 1988, alfredo freixedo, con maría carreiro e iolanda barriocanal, iniciou a súa primeira rehabilitación moderna.

parada de sil - ourense
2022

sta cristina de ribas de sil

xunta de galicia
bottom of page